martes, 7 de julio de 2015

Historia premiada en el Día de las Letras Gallegas 2015/ Relato premiado no Día das Letras Galegas 2015


~Buenas noches. Esta historia la publicaré solamente en gallego ya que en castellano nada tendría sentido, fue creada para el Día de las Letras Gallegas y no la voy a traducir. Lo siento por aquella gente que no entiende mi lengua. Hasta pronto. 



~Boas noites . Este relato publicareino soamente en galego xa que en castelán nada tería sentido, foi creado para o Día das Letras Galegas e non a vou traducir. A continuación deixovos esta fermosa historia que escribín con moito cariño para disfrute de tod@s @s galeg@s. Deica logo.

Unha mañá común

Rosa levantouse pola mañá, cos seus setenta anos ás costas e os ósos de todo o corpo doídos, dirixiuse á mesiña onde se atopaba o recipiente cheo de auga para lavar a cara.

Puxo o pote a quentar na cociña de ferro e mentres, vestiuse coa súa indumentaria habitual: un vestido negro e por riba un mandil escuro. Situouse fronte ao pequeno espello da habitación e coa axuda dun peite e un lazo gris recolleu o pelo nunha coleta.

De volta na cociña colleu a súa cunca e verteu o contido do pote nela. Sentouse á mesa e rodeou a cunca coas mans para recibir a calor que esta lle proporcionaba. Pouco a pouco foi bebendo o leite quente e sentíndose con máis enerxía para afrontar o día.
Cando rematou, deixou todo recollido no centro da mesa. Saíu pola porta da casa, non sen antes recoller o seu sombreiro de palla e calzalos zocos.

Foi á corte coller o fouciño e saíu pola canceliña camiño da Fonte de San Miguel, chamado así porque alí hai unha fonte. É un lugar moi fermoso, mires cara a onde mires ves cores verdes. Dun lado vese o mar, a praia da Aguieira, doutro lado vese Iroite, diante o monte e detrás a aldea de Resúa.

As horas foron pasando mentres Rosa segou a herba que esa noite comerían as vacas, ese día non puideron saír. Unha delas, A Nova, acababa de dar a luz un becerro. Francisco (o home de Rosa) non creu que fose conveniente deixar a criatura todo o día fóra, pola calor e por se lle sucedese algo.

Por fin rematou de cortar a herba. Mirou ao ceo, debían ser as doce da mañá. Deixou a leira para volver ao camiño e regresar á casa.

Cando estaba a metade do traxecto atopouse moi cansa e sentiu a necesidade de sentar, casualmente a uns pasos había un banco de pedra.
Levaría alí uns poucos minutos cando apareceu a súa boa amiga Dolores e ao vela alí acercouse a ela para comentar calquera cousa.

As dúas mulleres leáronse a falar. Rosa contoulle a Dolores que tiñan un novo puchiño fillo da Nova; e esta, comentoulle que xa tiñan o millo maduro para apañar.
Entre conto e conto foi pasando o tempo.

De súpeto apareceu Mª Carmen, a neta de Rosa, de tan só catro anos.

-Madriña, teño fame.

-Imos agora facer. Ata logo Dolores, vémonos despois que lle vou facer o xantar a Carmiña.

E así, co sol pegando forte, Rosa e a súa netiña marcharon para a casa. Xuntas e da man. Unha camiñando amodo e a outra dando chimpos. A vella bastante cansa, a pesar de que o día acababa de comezar; e a pequena disposta a comer todo o prato de balocas fritas con ovos que a súa querida avoa lle serviría ao chegar á casa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario